Ir al contenido principal

Entradas

O MIRADOIRO DO SALNÉS

Debuxos sobre Frei Xoán de Navarrete

  Debuxos das tallas —antiga e moderna— que representan a Frei Xoán de Navarrete. Ambas se conservan na capela de O Santo (Nantes). Sen lugar a dúbidas, estas pezas constitúen exemplares singulares no conxunto da historia da arte, xa que a mencionada capela é, ata onde alcanza o coñecemento actual, a única no mundo dedicada a esta figura. DEBUXO DA TALLA NOVA DEBUXO DA TALLA ANTIGA -GUILLERMO RODIÑO (2026)
Entradas recientes

Ero de Armenteira: o santo durminte do Salnés

DEBUXO DO AUTOR añá, luns de Pascua, Armenteira volverá converterse nun dos grandes centros de devoción popular do Salnés coa celebración da Romaría de Nosa Señora das Cabezas, unha cita tradicional que cada ano reúne numerosos fieis arredor do mosteiro e mantén vivo un fondo vencello entre a fe, a memoria e a tradición popular. Esta celebración, que ten lugar precisamente no luns de Pascua, combina os actos relixiosos coa dimensión festiva e comunitaria, converténdose nunha data moi sinalada para os veciños da parroquia e da contorna.  Aproveitando esta xornada tan importante, hoxe imos achegarnos á figura de San Ero de Armenteira, fundador do mosteiro e protagonista dunha das lendas máis fermosas da nosa tradición. A súa historia, inmortalizada pola literatura medieval, sitúao entre a realidade histórica e o mito, e converte Armenteira nun lugar no que a espiritualidade, a memoria e a cultura galega seguen a camiñar da man. Talla de San Ero no mosteiro de Armenteira A figura de E...

O BAUTISMO DA PONTE DO RÍO DE PORTONOVO

  DEBUXO DO AUTOR Cómpre lembrar unha práctica que, aínda que xa desaparecida, formou parte da identidade espiritual e cultural de Portonovo: o chamado bautismo prematuro, máis coñecido como o “Bautismo da Ponte do Río de Portonovo”. Esta cerimonia, hoxe esquecida por mor do avance da medicina, o aumento do nivel cultural e os cambios sociais, conservou durante xeracións un forte arraigamento. Malia que hoxe poida sorprender, hai apenas 50 anos que se celebraron os últimos ritos, dos que aínda queda memoria viva entre os veciños máis vellos. A práctica nacía da dor e do desexo. Mulleres que, tras varios embarazos frustrados ou a perda repetida de fillos ao nacer, acudían a este rito coa esperanza de romper esa traxedia. O obxectivo era un: lograr que o fillo que levaban no ventre nacese con vida. A fe —propia ou inducida por familiares, veciños ou comadres— empuxábaas a someterse a esta cerimonia na Ponte do Río, unha ponte rústica por onde discorría o regato que cruza Portonovo. H...

LÍBRANOS DE PESTES E MALES SANTO ROQUE PEREGRINO: A RELACIÓN ENTRE PORTONOVO E SAN ROQUE

DEBUXO DO AUTOR Ao longo da Idade Media e ata ben entrado o século XIX, as pestes foron unha das maiores ameazas para a vida nas vilas e cidades europeas. A falta de hixiene, a escasa salubridade e o descoñecemento médico propiciaban a expansión de enfermidades infecciosas e altamente contaxiosas como o cólera, a lepra, a peste bubónica ou a sífilis. Estas enfermidades, temidas pola súa letalidade, eran interpretadas moitas veces como castigos divinos, o que levou á poboación a buscar refuxio espiritual na fe e na protección dos santos.  En moitas vilas, esta devoción concreta cristalizou ao redor de figuras relixiosas que, pola súa vida e obra, foron consideradas valedoras fronte á peste. Entre elas, destaca de xeito especial San Roque, cuxo culto se estendeu por toda Europa como abogado contra as epidemias. Este nobre francés, nado en Montpellier no ano 1295, renunciou aos seus bens e partiu como peregrino a Italia, onde se consagrou a coidar os enfermos de peste. A tradición con...

FREI XOÁN DE NAVARRETE

  DEBUXO DO AUTOR Frei Xoán de Navarrete foi un frade franciscano nacido a finais do século XV en Navarrete. Antes de ser enviado a Galicia, exerceu como porteiro e xardineiro no convento de Santa María de Jesús en Alcalá de Henares, onde coincidiu co arcebispo Alonso III de Fonseca. Foi Fonseca quen, ao observar a súa vida santa e a súa capacidade como predicador, lle ordenou misionar nas aldeas de Asturias e Galicia durante os seus últimos tres anos de vida. Destacou especialmente como un gran propagador da devoción eucarística, fundando confrarías e dotando de obxectos de culto ás igrexas máis pobres. O seu destino definitivo foi o convento de San Francisco de Pontevedra. Á súa chegada, a cidade sufría unha epidemia de peste; Frei Xoán prometeu dende o púlpito de San Bartolomeu que a enfermidade cesaría e non volvería en corenta anos se se fundaba unha confraría en memoria da Paixón de Cristo, promesa que se considera cumprida. Entre outros feitos prodixiosos que se lle atribúen...

O PORCO DE PÉ NA LANZADA

Esta entrada por desgraza non é como as demais. A fin desta é a denuncia a unha inxuria á nosa terra amparada e fomentada tristemente pola Televisión de Galicia. Sabede habitantes do Salnés e da Galiza enteira que un ridículo forasteiro non só se dedicou a atacar á Virxe da Lanzada senón que asestou unha patada na alma da nosa terra, no noso xeito de ser, naquilo que herdamos dos nosos devanceiros ! Chega á comarca do Salnés, á beira do mar que nos define, un señorito da televisión. Un home que, coa prepotencia que lle dá o show business , pensa que pode xulgar e desprezar a nosa esencia. O noso crime? Manter viva unha tradición ancestral. A tradición das nove ondas da Lanzada da que xa se ten falado neste blog. Non é un capricho; é un rito que perdura ano tras ano, século tras século. Este rito posibelmente milenario nace do sincretismo e da fonda espranza humana: a de concibir. As mulleres que non atopan remedio na ciencia acoden á praia, antes de que saia o sol, a buscar o ...

O cruceiro maldito de San Fiz de Solovio: o erro de cantería que negou a oración e iniciou a lenda

DEBUXO DO AUTOR A historia deste cruceiro, que comezou a súa existencia a comezos do século XVIII , está ligada á traxedia de Manuel Joseph Ramírez de Arellano y Sotomayor . Manuel era fillo dunha familia fidalga. As fontes e documentos da época recollen que, no ano 1718, Ramírez de Arellano se achegou ás fincas que daquela conformaban as terras de Conxo e alí atopou a morte. As versións diverxen: algunhas relatan que pereceu ao baterse en duelo , mentres que outras sosteñen que foi atacado por uns homes emboscados na noite . Para honrar a memoria do seu fillo e sinalar o lugar exacto da desgraza, a súa nai, Isabel de Sotomayor , encargou e pagou a creación e colocación dun cruceiro. A Grave Confusión do Pedestal Naquel tempo, os canteiros gozaban de liberdade para gravar as inscricións como cadraba. Esta práctica tivo consecuencias insólitas no pedestal que encargou Dona Isabel. A intención da nai era deixar unha súplica clara: "AQUI FINO D. MANVEL JOSEPH RAMIREZ DE ARELLANO RVEG...