DEBUXO DO AUTOR Cómpre lembrar unha práctica que, aínda que xa desaparecida, formou parte da identidade espiritual e cultural de Portonovo: o chamado bautismo prematuro, máis coñecido como o “Bautismo da Ponte do Río de Portonovo”. Esta cerimonia, hoxe esquecida por mor do avance da medicina, o aumento do nivel cultural e os cambios sociais, conservou durante xeracións un forte arraigamento. Malia que hoxe poida sorprender, hai apenas 50 anos que se celebraron os últimos ritos, dos que aínda queda memoria viva entre os veciños máis vellos. A práctica nacía da dor e do desexo. Mulleres que, tras varios embarazos frustrados ou a perda repetida de fillos ao nacer, acudían a este rito coa esperanza de romper esa traxedia. O obxectivo era un: lograr que o fillo que levaban no ventre nacese con vida. A fe —propia ou inducida por familiares, veciños ou comadres— empuxábaas a someterse a esta cerimonia na Ponte do Río, unha ponte rústica por onde discorría o regato que cruza Portonovo. H...
Este é un recuncho para gardar o que non cabe nos libros: as cantigas que se herdaron de memoria, as festas onde se mesturan risas e vellos contos, as mans que saben facer sen aprender en escolas. Aquí recollermos o que somos para que non se perda, porque as cousas pequenas tamén fan unha cultura grande.