Non me lembro dun tempo no que non tivera preguntas na cabeza: de onde vimos, quen fomos, que queda de nós hoxe. Esa inquedanza foi a que me levou a estudar Historia e tamén a abrir este recuncho na rede.
Este blog naceu coa idea de ser un miradoiro persoal, unha xanela desde a que compartir pequenas historias, lendas, costumes e recordos, para que non se perdan e para que tamén viaxen máis alá do Salnés. Aquí mestúrase o rigor do estudante co entusiasmo dun rapaz que nunca deixa de sorprenderse.
A miña pretensión non é dar leccións, senón contar o que vou descubrindo e o que forma parte do noso patrimonio cultural. Unhas veces serán relatos do pasado, outras lembranzas familiares, outras reflexións ou curiosidades. Sempre coa idea de preservar raíces e transmitir a riqueza do que somos.
En pleno século XXI, sabemos que as nosas vilas e aldeas cambiaron moito: o que antes era mundo rural agora é case urbano, e os costumes xa non son os mesmos. Mais a esencia segue aí, latexa en cada recuncho, e cómpre non esquecela.
O Miradoiro do Salnés é, pois, un proxecto feito con humor, con espírito crítico cando fai falla, e sobre todo con moito cariño pola terra.
Así que benvidos a quen chegue ata aquí. A idea é sinxela: mirar, lembrar, contar e compartir.
Pasade, que a porta está aberta.
-GUILLERMO RODIÑO (2025)
Comentarios
Publicar un comentario