Ir al contenido principal

O cruceiro maldito de San Fiz de Solovio: o erro de cantería que negou a oración e iniciou a lenda

DEBUXO DO AUTOR


A historia deste cruceiro, que comezou a súa existencia a comezos do século XVIII, está ligada á traxedia de Manuel Joseph Ramírez de Arellano y Sotomayor. Manuel era fillo dunha familia fidalga. As fontes e documentos da época recollen que, no ano 1718, Ramírez de Arellano se achegou ás fincas que daquela conformaban as terras de Conxo e alí atopou a morte. As versións diverxen: algunhas relatan que pereceu ao baterse en duelo, mentres que outras sosteñen que foi atacado por uns homes emboscados na noite.

Para honrar a memoria do seu fillo e sinalar o lugar exacto da desgraza, a súa nai, Isabel de Sotomayor, encargou e pagou a creación e colocación dun cruceiro.

A Grave Confusión do Pedestal

Naquel tempo, os canteiros gozaban de liberdade para gravar as inscricións como cadraba. Esta práctica tivo consecuencias insólitas no pedestal que encargou Dona Isabel.
A intención da nai era deixar unha súplica clara: "AQUI FINO D. MANVEL JOSEPH RAMIREZ DE ARELLANO RVEGUEN A DIOS POR EL AÑO DE 1718".
Con todo, ao traballar a pedra, o artesán separou a última sílaba do apelido Arellano e moveuna á liña seguinte xunto coa súplica á divindade. O resultado foi unha mensaxe que cambiou radicalmente o seu sentido: "AQUI FINO D. MANUEL JOSEPH RAMIREZ DE ARELLA NO RUEGUEN A DIOS, POR EL AÑO DE 1718".
A inscrición, lida literalmente, parecía ordenar: "NON ROGUEDES A DEUS POR EL". Esta grave efortuíta confusión fixo que, durante moito tempo, a xente considerase o monumento como o cruceiro maldito.
Non foi ata que o historiador Pérez Constanti revelou que a mensaxe era inocente e que o erro se debía unicamente á partición do apelido Ramírez de Arellano, cando se puido despexar a sombra do infortunio que o perseguía.

As Vicisitudes da Pedra Peregrina

A partir do século XIX, este monumento relixioso comezou a súa viaxe por Santiago, acumulando vicisitudes. O cruceiro atopábase inicialmente na rúa de Matacáns, que indicaba o lugar do infortunio que lle custou a vida a Ramírez.
Por mor das obras do Ensanche compostelán, foi movido á Praza de Fonseca. Finalmente, foi trasladado á súa localización actual en San Fiz de Solovio, preto do Mercado de Abastos, onde aínda hoxe, se a luz acompaña, se pode ler a gravura.
Aínda que o cruceiro se moveu da zona de Conxo, a memoria de Ramírez de Arellano perdura no tecido urbano moderno: o lugar onde fora orixinalmente colocado está hoxe sinalado polo nome das 212 vivendas sociais construídas en 1960, coñecidas como as Casas de Ramírez.
Este monumento é un dos catro cruceiros de Conxo, tamén coñecido como o Crucero de Conjunto, unha circunstancia que dificultou a identificación e seguimento da historia particular de cada un.

GUILLERMO RODIÑO (2025)

Comentarios

Entradas populares de este blog

LIMIAR

DEBUXO DO AUTOR PRIMEIRAS VERBAS Para a miña ledicia, e espero que tamén para a vosa, estréase hoxe O Miradoiro do Salnés . A idea deste blog vén de hai tempo. Sempre tiven o desexo de contar cun voceiro propio, un espazo no que dar a coñecer ao mundo a nosa terra, Galicia, coas súas historias, lembranzas e tesouros agochados. Foi no verán de 2025 cando, por fin, me decidín a poñer en marcha esta pequena viaxe compartida. Este blog nace da curiosidade e do agarimo por unha terra que fala sempre, se un sabe escoitala. Cada praia, cada viña, cada pedra de castro ou cada vella igrexa ten algo que contar. O meu propósito é sinxelo: compartir esas historias, grandes ou pequenas, que fan do Salnés un lugar único. Mais non só falarei do Salnés. A historia, a arte e a cultura lévannos por camiños que moitas veces saen fóra da nosa comarca, e tamén quero abrir aquí a porta a esas outras paisaxes, vilas e tradicións que forman parte do noso mundo galego e atlántico. Non se trata aquí de dar lec...

O Cruceiro máxico do Monte Faro (Noalla)

  DEBUXO DO AUTOR o corazón do monte Faro, en plena parroquia de Santo Estevo de Noalla (concello de Sanxenxo), érguese un cruceiro que segue vivo, alimentado polas ofrendas que constantemente repousan ao seu carón. Non é un cruceiro calquera: na súa base acumúlanse cirios acesos, flores e, de maneira sorprendente, zapatillas que deixan os devotos como símbolo de promesas ou peticións cumpridas. A xente di que este cruceiro está ligado á maxia e aos ritos escuros, un espazo onde o sagrado e o popular conviven nun mesmo altar de pedra. As ánimas do purgatorio semellan acompañar o seu silencio, convertendo o lugar nun punto de encontro entre o mundo visible e o invisible. Mais se por algo é coñecido este cruceiro é pola súa lenda máis pintoresca, transmitida de xeración en xeración. Conta a tradición que quen padeza almorrás debe deixar unha moeda na súa base, baixar os pantalóns e sentarse enriba dela mentres recita unha oración. O rito complétase coa asistencia a unha misa na igr...

A MORTE EN GALICIA : UN PERCORRIDO POLAS NOSAS TRADICIÓNS DA ULTRATUMBA

  ÁNIMAS DO PURGATORIO . DEBUXO DO AUTOR INTRODUCIÓN   alicia conta cun amplo e diverso patrimonio cultural relacionado coa morte, do cal forman parte numerosos elementos inmateriais: mitos, lendas, tradicións ancestrais, supersticións, festas… Con este traballo preténdese realizar un estudo onde se reflicta a importancia da morte na cultura galega, analizando dende un punto de vista xeral os seus ritos, crenzas, lendas e mesmo festas nas que a morte e o mundo da ultratumba se converten nos principais protagonistas. O home no progreso da súa evolución descubriu un elemento que trastornaría a vida para sempre. A conciencia da presenza da morte e a certeza de que a todos visitará, ricos e pobres. Galicia, quizais polo seu atraso histórico, o seu illamento, ou a dispersión xeográfica dos seus diminutos núcleos de poboación, chegou tarde á modernidade e aínda mantén costumes e ritos da sociedade agrícola que noutros lugares se perderon baixo o peso da industrialización, o peso do ...