Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2025

O PORCO DE PÉ NA LANZADA

Esta entrada por desgraza non é como as demais. A fin desta é a denuncia a unha inxuria á nosa terra amparada e fomentada tristemente pola Televisión de Galicia. Sabede habitantes do Salnés e da Galiza enteira que un ridículo forasteiro non só se dedicou a atacar á Virxe da Lanzada senón que asestou unha patada na alma da nosa terra, no noso xeito de ser, naquilo que herdamos dos nosos devanceiros ! Chega á comarca do Salnés, á beira do mar que nos define, un señorito da televisión. Un home que, coa prepotencia que lle dá o show business , pensa que pode xulgar e desprezar a nosa esencia. O noso crime? Manter viva unha tradición ancestral. A tradición das nove ondas da Lanzada da que xa se ten falado neste blog. Non é un capricho; é un rito que perdura ano tras ano, século tras século. Este rito posibelmente milenario nace do sincretismo e da fonda espranza humana: a de concibir. As mulleres que non atopan remedio na ciencia acoden á praia, antes de que saia o sol, a buscar o ...

O cruceiro maldito de San Fiz de Solovio: o erro de cantería que negou a oración e iniciou a lenda

DEBUXO DO AUTOR A historia deste cruceiro, que comezou a súa existencia a comezos do século XVIII , está ligada á traxedia de Manuel Joseph Ramírez de Arellano y Sotomayor . Manuel era fillo dunha familia fidalga. As fontes e documentos da época recollen que, no ano 1718, Ramírez de Arellano se achegou ás fincas que daquela conformaban as terras de Conxo e alí atopou a morte. As versións diverxen: algunhas relatan que pereceu ao baterse en duelo , mentres que outras sosteñen que foi atacado por uns homes emboscados na noite . Para honrar a memoria do seu fillo e sinalar o lugar exacto da desgraza, a súa nai, Isabel de Sotomayor , encargou e pagou a creación e colocación dun cruceiro. A Grave Confusión do Pedestal Naquel tempo, os canteiros gozaban de liberdade para gravar as inscricións como cadraba. Esta práctica tivo consecuencias insólitas no pedestal que encargou Dona Isabel. A intención da nai era deixar unha súplica clara: "AQUI FINO D. MANVEL JOSEPH RAMIREZ DE ARELLANO RVEG...

A Virxe Encinta na Igrexa de Santa María Salomé (Santiago de Compostela)

  VIRXE ENCINTA. DEBUXO DO AUTOR Introdución No corazón do casco histórico de Santiago de Compostela, na Rúa Nova 31, érguese unha das pequenas xoias menos coñecidas da arte sacra galega: a Igrexa de Santa María Salomé, nai do apóstolo Santiago o Maior e de San Xoán Evanxelista.  Esta igrexa, de orixe románico do século XII e ampliacións ata o XVIII, alberga un dos exemplos máis singulares da iconografía mariana: unha imaxe da Virxe Maria en estado de xestación («encinta») sobre a súa portada.  Un templo singular Fundada durante o bispado do arcebispo Diego Xelmírez no século XII, esta igrexa foi erixida nunha época de impulso urbanístico e xacobeo en Santiago. Na súa arquitectura conflúen o románico primitivo, a portada de tres arquivoltas, e elementos posteriores —como a Torre barroca do século XVIII— que amosan a longa historia e transformación do edificio. Resulta notable que sexa a única igrexa de España dedicada a Santa María Salomé, nai dos apóstolos Santiago o M...

A MORTE EN GALICIA : UN PERCORRIDO POLAS NOSAS TRADICIÓNS DA ULTRATUMBA

  ÁNIMAS DO PURGATORIO . DEBUXO DO AUTOR INTRODUCIÓN   alicia conta cun amplo e diverso patrimonio cultural relacionado coa morte, do cal forman parte numerosos elementos inmateriais: mitos, lendas, tradicións ancestrais, supersticións, festas… Con este traballo preténdese realizar un estudo onde se reflicta a importancia da morte na cultura galega, analizando dende un punto de vista xeral os seus ritos, crenzas, lendas e mesmo festas nas que a morte e o mundo da ultratumba se converten nos principais protagonistas. O home no progreso da súa evolución descubriu un elemento que trastornaría a vida para sempre. A conciencia da presenza da morte e a certeza de que a todos visitará, ricos e pobres. Galicia, quizais polo seu atraso histórico, o seu illamento, ou a dispersión xeográfica dos seus diminutos núcleos de poboación, chegou tarde á modernidade e aínda mantén costumes e ritos da sociedade agrícola que noutros lugares se perderon baixo o peso da industrialización, o peso do ...