Ir al contenido principal

LÍBRANOS DE PESTES E MALES SANTO ROQUE PEREGRINO: A RELACIÓN ENTRE PORTONOVO E SAN ROQUE

DEBUXO DO AUTOR



Ao longo da Idade Media e ata ben entrado o século XIX, as pestes foron unha das maiores ameazas para a vida nas vilas e cidades europeas. A falta de hixiene, a escasa salubridade e o descoñecemento médico propiciaban a expansión de enfermidades infecciosas e altamente contaxiosas como o cólera, a lepra, a peste bubónica ou a sífilis. Estas enfermidades, temidas pola súa letalidade, eran interpretadas moitas veces como castigos divinos, o que levou á poboación a buscar refuxio espiritual na fe e na protección dos santos. 

En moitas vilas, esta devoción concreta cristalizou ao redor de figuras relixiosas que, pola súa vida e obra, foron consideradas valedoras fronte á peste. Entre elas, destaca de xeito especial San Roque, cuxo culto se estendeu por toda Europa como abogado contra as epidemias. Este nobre francés, nado en Montpellier no ano 1295, renunciou aos seus bens e partiu como peregrino a Italia, onde se consagrou a coidar os enfermos de peste. A tradición conta que curou a moitos, ata que el mesmo contraeu a enfermidade. Para evitar contaxios, retirouse a un bosque onde, milagrosamente, un can acudía cada día cun pan para lle dar de comer e lamberlle a ferida da perna. Esta imaxe do santo acompañado do can converteuse nun dos seus símbolos máis recoñecibles.

A súa figura, envolta en lendas, tomou forza especialmente en contextos de crise sanitaria.

En Galicia, hai rexistros de relixiosos como o franciscano Xoán de Navarrete, quen en 1525 chegou a Pontevedra durante unha epidemia. Alí, no templo de San Bartolomeu, asegurou que a peste cesaría e que durante 50 anos non volvería afectar a vila —promesa que, segundo a tradición, se cumpriu. Logo de predicar tres días en Portonovo, faleceu o 14 de outubro de 1528, sendo trasladado por mar á igrexa de San Francisco en Pontevedra, onde foi enterrado. En Nantes, no lugar de O Santo, hai unha capela dedicada a este fraile franciscano. 

Foi precisamente nesta realidade histórica onde Portonovo, como vila mariñeira exposta aos perigos do mar e das epidemias, procurou a protección de San Roque, e o seu culto arraigou con forza. O día 19 de marzo de 1772, un grupo de 30 mariñeiros de Portonovo reuniuse para constituír un gremio de mareantes, e nese acto proclamaron como protector e avogado ao glorioso San Roque. Dous anos despois, en 1774, comezou a celebrarse a súa festa na capela da vila, tal e como consta en documentos históricos.

DEBUXO DO AUTOR

Dende entón, San Roque converteuse nun símbolo da identidade e da fe popular de Portonovo, sendo invocado non só como protector contra a peste, senón como gardián da comunidade en tempos difíciles. Como di o refrán local:

"Como sexa é de Portonovo mariñeiro, San Roque patrón ten que ser o primeiro." 

Así, entre a historia e a devoción, a figura de San Roque continúa viva, mantendo o seu lugar como patrón e referente espiritual desta vila do municipio de Sanxenxo.

- GUILLERMO RODIÑO (2026)

Comentarios

Entradas populares de este blog

LIMIAR

DEBUXO DO AUTOR PRIMEIRAS VERBAS Para a miña ledicia, e espero que tamén para a vosa, estréase hoxe O Miradoiro do Salnés . A idea deste blog vén de hai tempo. Sempre tiven o desexo de contar cun voceiro propio, un espazo no que dar a coñecer ao mundo a nosa terra, Galicia, coas súas historias, lembranzas e tesouros agochados. Foi no verán de 2025 cando, por fin, me decidín a poñer en marcha esta pequena viaxe compartida. Este blog nace da curiosidade e do agarimo por unha terra que fala sempre, se un sabe escoitala. Cada praia, cada viña, cada pedra de castro ou cada vella igrexa ten algo que contar. O meu propósito é sinxelo: compartir esas historias, grandes ou pequenas, que fan do Salnés un lugar único. Mais non só falarei do Salnés. A historia, a arte e a cultura lévannos por camiños que moitas veces saen fóra da nosa comarca, e tamén quero abrir aquí a porta a esas outras paisaxes, vilas e tradicións que forman parte do noso mundo galego e atlántico. Non se trata aquí de dar lec...

O Cruceiro máxico do Monte Faro (Noalla)

  DEBUXO DO AUTOR o corazón do monte Faro, en plena parroquia de Santo Estevo de Noalla (concello de Sanxenxo), érguese un cruceiro que segue vivo, alimentado polas ofrendas que constantemente repousan ao seu carón. Non é un cruceiro calquera: na súa base acumúlanse cirios acesos, flores e, de maneira sorprendente, zapatillas que deixan os devotos como símbolo de promesas ou peticións cumpridas. A xente di que este cruceiro está ligado á maxia e aos ritos escuros, un espazo onde o sagrado e o popular conviven nun mesmo altar de pedra. As ánimas do purgatorio semellan acompañar o seu silencio, convertendo o lugar nun punto de encontro entre o mundo visible e o invisible. Mais se por algo é coñecido este cruceiro é pola súa lenda máis pintoresca, transmitida de xeración en xeración. Conta a tradición que quen padeza almorrás debe deixar unha moeda na súa base, baixar os pantalóns e sentarse enriba dela mentres recita unha oración. O rito complétase coa asistencia a unha misa na igr...

A MORTE EN GALICIA : UN PERCORRIDO POLAS NOSAS TRADICIÓNS DA ULTRATUMBA

  ÁNIMAS DO PURGATORIO . DEBUXO DO AUTOR INTRODUCIÓN   alicia conta cun amplo e diverso patrimonio cultural relacionado coa morte, do cal forman parte numerosos elementos inmateriais: mitos, lendas, tradicións ancestrais, supersticións, festas… Con este traballo preténdese realizar un estudo onde se reflicta a importancia da morte na cultura galega, analizando dende un punto de vista xeral os seus ritos, crenzas, lendas e mesmo festas nas que a morte e o mundo da ultratumba se converten nos principais protagonistas. O home no progreso da súa evolución descubriu un elemento que trastornaría a vida para sempre. A conciencia da presenza da morte e a certeza de que a todos visitará, ricos e pobres. Galicia, quizais polo seu atraso histórico, o seu illamento, ou a dispersión xeográfica dos seus diminutos núcleos de poboación, chegou tarde á modernidade e aínda mantén costumes e ritos da sociedade agrícola que noutros lugares se perderon baixo o peso da industrialización, o peso do ...