DEBUXO DO AUTOR Frei Xoán de Navarrete foi un frade franciscano nacido a finais do século XV en Navarrete. Antes de ser enviado a Galicia, exerceu como porteiro e xardineiro no convento de Santa María de Jesús en Alcalá de Henares, onde coincidiu co arcebispo Alonso III de Fonseca. Foi Fonseca quen, ao observar a súa vida santa e a súa capacidade como predicador, lle ordenou misionar nas aldeas de Asturias e Galicia durante os seus últimos tres anos de vida. Destacou especialmente como un gran propagador da devoción eucarística, fundando confrarías e dotando de obxectos de culto ás igrexas máis pobres. O seu destino definitivo foi o convento de San Francisco de Pontevedra. Á súa chegada, a cidade sufría unha epidemia de peste; Frei Xoán prometeu dende o púlpito de San Bartolomeu que a enfermidade cesaría e non volvería en corenta anos se se fundaba unha confraría en memoria da Paixón de Cristo, promesa que se considera cumprida. Entre outros feitos prodixiosos que se lle atribúen...
Este é un recuncho para gardar o que non cabe nos libros: as cantigas que se herdaron de memoria, as festas onde se mesturan risas e vellos contos, as mans que saben facer sen aprender en escolas. Aquí recollermos o que somos para que non se perda, porque as cousas pequenas tamén fan unha cultura grande.