Ir al contenido principal

O PORCO DE PÉ NA LANZADA

Esta entrada por desgraza non é como as demais. A fin desta é a denuncia a unha inxuria á nosa terra amparada e fomentada tristemente pola Televisión de Galicia.

Sabede habitantes do Salnés e da Galiza enteira que un ridículo forasteiro non só se dedicou a atacar á Virxe da Lanzada senón que asestou unha patada na alma da nosa terra, no noso xeito de ser, naquilo que herdamos dos nosos devanceiros !

Chega á comarca do Salnés, á beira do mar que nos define, un señorito da televisión. Un home que, coa prepotencia que lle dá o show business, pensa que pode xulgar e desprezar a nosa esencia.

O noso crime? Manter viva unha tradición ancestral. A tradición das nove ondas da Lanzada da que xa se ten falado neste blog. Non é un capricho; é un rito que perdura ano tras ano, século tras século. Este rito posibelmente milenario nace do sincretismo e da fonda espranza humana: a de concibir. As mulleres que non atopan remedio na ciencia acoden á praia, antes de que saia o sol, a buscar o amparo da nosa terra, o amparo da Virxe na que tanto cren pois para algunhas esta é a súa última opción. ¡Isto é idiosincrasia!

E mentres unha veciña da zona lle explica ao señorito andaluz, con toda a humildade do mundo, o noso patrimonio cultural, o cantante forasteiro vomita a súa grosería tan babosa: «A mí no me hace falta eso, las mandas a mi casa y no hay problema».

¡Que soberbia!  Ridiculiza cos seus aires castelanizadores un ritual da terra ao que acoden moitas mulleres e que é parte do noso fondo cultural inmaterial.

E que dicir daqueles outros membros do programa. Da Televisión de Galicia. A cal debería defender o noso por riba de todo. Aló quedos,  rindo e engadindo as súas propias mofas. É a proba máis triste de que a vaidade do show pode facer que os nosos se rían do noso. A complicidade na mofa dana a nosa identidade tanto coma a ofensa do forasteiro.

Que saiba esta xente que as nosas tradicións non son un chiste fácil para un programa de televisión. Son a nosa historia, o noso xeito de estar no mundo. É unha "falta de respeto" monumental que se conte a nosa historia e se responda con ese desprezo nun medio de comunicación público pagado por todos os galegos e galegas. Un medio que debe amar o noso e non vender á patria, á nazón ao estranxeiro 

A burla á tradición é o desprezo á nosa esencia. ¡Que se retraten publicamente por pisotear o que nos define como pobo! Non só o señor (por chamarlle algo) Osborne senón tódolos seus complices así como a propia Televisión de Galicia por amparar esta clase de ataques e ofensas de tan mal gusto, a un pobo que xa leva moito tempo asoballado por foráneos.

GUILLERMO RODIÑO (2025)



Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

LIMIAR

DEBUXO DO AUTOR PRIMEIRAS VERBAS Para a miña ledicia, e espero que tamén para a vosa, estréase hoxe O Miradoiro do Salnés . A idea deste blog vén de hai tempo. Sempre tiven o desexo de contar cun voceiro propio, un espazo no que dar a coñecer ao mundo a nosa terra, Galicia, coas súas historias, lembranzas e tesouros agochados. Foi no verán de 2025 cando, por fin, me decidín a poñer en marcha esta pequena viaxe compartida. Este blog nace da curiosidade e do agarimo por unha terra que fala sempre, se un sabe escoitala. Cada praia, cada viña, cada pedra de castro ou cada vella igrexa ten algo que contar. O meu propósito é sinxelo: compartir esas historias, grandes ou pequenas, que fan do Salnés un lugar único. Mais non só falarei do Salnés. A historia, a arte e a cultura lévannos por camiños que moitas veces saen fóra da nosa comarca, e tamén quero abrir aquí a porta a esas outras paisaxes, vilas e tradicións que forman parte do noso mundo galego e atlántico. Non se trata aquí de dar lec...

O Cruceiro máxico do Monte Faro (Noalla)

  DEBUXO DO AUTOR o corazón do monte Faro, en plena parroquia de Santo Estevo de Noalla (concello de Sanxenxo), érguese un cruceiro que segue vivo, alimentado polas ofrendas que constantemente repousan ao seu carón. Non é un cruceiro calquera: na súa base acumúlanse cirios acesos, flores e, de maneira sorprendente, zapatillas que deixan os devotos como símbolo de promesas ou peticións cumpridas. A xente di que este cruceiro está ligado á maxia e aos ritos escuros, un espazo onde o sagrado e o popular conviven nun mesmo altar de pedra. As ánimas do purgatorio semellan acompañar o seu silencio, convertendo o lugar nun punto de encontro entre o mundo visible e o invisible. Mais se por algo é coñecido este cruceiro é pola súa lenda máis pintoresca, transmitida de xeración en xeración. Conta a tradición que quen padeza almorrás debe deixar unha moeda na súa base, baixar os pantalóns e sentarse enriba dela mentres recita unha oración. O rito complétase coa asistencia a unha misa na igr...

A MORTE EN GALICIA : UN PERCORRIDO POLAS NOSAS TRADICIÓNS DA ULTRATUMBA

  ÁNIMAS DO PURGATORIO . DEBUXO DO AUTOR INTRODUCIÓN   alicia conta cun amplo e diverso patrimonio cultural relacionado coa morte, do cal forman parte numerosos elementos inmateriais: mitos, lendas, tradicións ancestrais, supersticións, festas… Con este traballo preténdese realizar un estudo onde se reflicta a importancia da morte na cultura galega, analizando dende un punto de vista xeral os seus ritos, crenzas, lendas e mesmo festas nas que a morte e o mundo da ultratumba se converten nos principais protagonistas. O home no progreso da súa evolución descubriu un elemento que trastornaría a vida para sempre. A conciencia da presenza da morte e a certeza de que a todos visitará, ricos e pobres. Galicia, quizais polo seu atraso histórico, o seu illamento, ou a dispersión xeográfica dos seus diminutos núcleos de poboación, chegou tarde á modernidade e aínda mantén costumes e ritos da sociedade agrícola que noutros lugares se perderon baixo o peso da industrialización, o peso do ...