Ir al contenido principal

O marisqueo, artes en boca da morte

Debuxo de Guillermo Rodiño

É unha cuestión innegable que o mar xogou un papel crave nas nosas costas, e especialmente na comarca do Salnés.

Xa dende tempos romanos e medievais moitos dos nosos antepasados lánzabanse aos brazos da alta mar en busca de gañar o pan de cada día, algo que ata fai relativamente pouco non cambiou, e do mesmo xeito miles embarcaban nos portos máis importantes da costa galega cara ao novo mundo tratando de mellorar a súa probe situación vivida no noso país.

Hoxe en día, aínda quedan coñecementos, tradicións, nomes e técnicas, pero que van desaparecendo ante o éxodo e a falta de relevo xeneracional que sufrimos en moitos dos ámbitos pesqueiros, e no que me gustaría destacar o marisqueo.

Se pasamos por lugares coma Vilanova, Vilaxoán ou Carril aínda podemos ver como ainda quedan mulleres doutros tempos, das que estaban feitas doutra pasta, daquelas que se erguían antes ca o sol e deitabanse despois da lúa, e as cales máis alá do seu inmenso mérito para traer moitos dos manxares da nosa terra aos nosos pratos a cambio de catro duros fan que cousas tan sinxelas coma incribles aínda persistan na memoria dalgúns poucos.

O xeito de facer aparellos, nomes de lugares propicios para o marisqueo, os lugares por onde ir, como diferenciar especies entre si, coñecer o curso das mareas ou mesmamente as propias técnicas e artes do marisqueo, e digo artes por que realmente o son, seguramente nos fagan conscientes da complexidade que hai detrás dese prato que desfrutamos en cada cea de Nadal.

Escribo estas versas porque dame pena como a moitos, perder as nosas raíces e un xeito de vida que a diferencia do que pensan moitos e máis ca tirar do lombo, porque ante os novos tempos, debemos preservar o que sempre foi noso, o que pra moitos foi unha vida enteira, o que para uns e algo obsoleto, o que pra moitos e un mísero negocio e o que pra min e todo un mundo que berra por non desaparecer.

- RAMÓN ROSALES (2025)

Comentarios

Entradas populares de este blog

LIMIAR

DEBUXO DO AUTOR PRIMEIRAS VERBAS Para a miña ledicia, e espero que tamén para a vosa, estréase hoxe O Miradoiro do Salnés . A idea deste blog vén de hai tempo. Sempre tiven o desexo de contar cun voceiro propio, un espazo no que dar a coñecer ao mundo a nosa terra, Galicia, coas súas historias, lembranzas e tesouros agochados. Foi no verán de 2025 cando, por fin, me decidín a poñer en marcha esta pequena viaxe compartida. Este blog nace da curiosidade e do agarimo por unha terra que fala sempre, se un sabe escoitala. Cada praia, cada viña, cada pedra de castro ou cada vella igrexa ten algo que contar. O meu propósito é sinxelo: compartir esas historias, grandes ou pequenas, que fan do Salnés un lugar único. Mais non só falarei do Salnés. A historia, a arte e a cultura lévannos por camiños que moitas veces saen fóra da nosa comarca, e tamén quero abrir aquí a porta a esas outras paisaxes, vilas e tradicións que forman parte do noso mundo galego e atlántico. Non se trata aquí de dar lec...

O Cruceiro máxico do Monte Faro (Noalla)

  DEBUXO DO AUTOR o corazón do monte Faro, en plena parroquia de Santo Estevo de Noalla (concello de Sanxenxo), érguese un cruceiro que segue vivo, alimentado polas ofrendas que constantemente repousan ao seu carón. Non é un cruceiro calquera: na súa base acumúlanse cirios acesos, flores e, de maneira sorprendente, zapatillas que deixan os devotos como símbolo de promesas ou peticións cumpridas. A xente di que este cruceiro está ligado á maxia e aos ritos escuros, un espazo onde o sagrado e o popular conviven nun mesmo altar de pedra. As ánimas do purgatorio semellan acompañar o seu silencio, convertendo o lugar nun punto de encontro entre o mundo visible e o invisible. Mais se por algo é coñecido este cruceiro é pola súa lenda máis pintoresca, transmitida de xeración en xeración. Conta a tradición que quen padeza almorrás debe deixar unha moeda na súa base, baixar os pantalóns e sentarse enriba dela mentres recita unha oración. O rito complétase coa asistencia a unha misa na igr...

A MORTE EN GALICIA : UN PERCORRIDO POLAS NOSAS TRADICIÓNS DA ULTRATUMBA

  ÁNIMAS DO PURGATORIO . DEBUXO DO AUTOR INTRODUCIÓN   alicia conta cun amplo e diverso patrimonio cultural relacionado coa morte, do cal forman parte numerosos elementos inmateriais: mitos, lendas, tradicións ancestrais, supersticións, festas… Con este traballo preténdese realizar un estudo onde se reflicta a importancia da morte na cultura galega, analizando dende un punto de vista xeral os seus ritos, crenzas, lendas e mesmo festas nas que a morte e o mundo da ultratumba se converten nos principais protagonistas. O home no progreso da súa evolución descubriu un elemento que trastornaría a vida para sempre. A conciencia da presenza da morte e a certeza de que a todos visitará, ricos e pobres. Galicia, quizais polo seu atraso histórico, o seu illamento, ou a dispersión xeográfica dos seus diminutos núcleos de poboación, chegou tarde á modernidade e aínda mantén costumes e ritos da sociedade agrícola que noutros lugares se perderon baixo o peso da industrialización, o peso do ...